O 22 de maio de 2024, co obxectivo común de transformación e reordenación do espazo portuario interior da cidade da Coruña, o Concello da Coruña, a Xunta de Galicia, o Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible, a entidade pública empresarial Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF), o organismo público Puertos del Estado e a Autoridade Portuaria da Coruña asinaron o PROTOCOLO PARA A REORDENACIÓN DA FACHADA MARÍTIMA DA CORUÑA: PROXECTO ”CORUÑA MARÍTIMA”.

Coa firma deste Protocolo abriuse unha etapa de frutífera colaboración e cooperación interadministrativa, de entendemento institucional, na transformación e reordenación urbanística dunha boa parte dos espazos portuarios interiores que pode xerar un amplo valor económico para a propia Autoridade Portuaria e un gran beneficio social para a cidadanía e á que tamén poden contribuír os espazos ferroviarios da Terminal de San Diego. A visión integral de todo o bordo portuario, que ocupa unha parte moi significativa da fronte litoral da cidade da Coruña, permitirá unha mellor articulación das súas funcións urbanas e marítimas.

O protocolo recolle que a posta en funcionamento do Porto Exterior de Punta Langosteira, e o progresivo traslado dunha parte das instalacións comerciais que hoxe aínda ocupan os peiraos interiores da Coruña, supón unha gran oportunidade para incorporar determinados terreos portuarios e ferroviarios para usos cidadáns e para promover unha Coruña máis sostible, dinámica e competitiva, cunha alta calidade de vida.

Para iso, as administracións expresan que é necesario definir un acordo no que desenvolver de forma compatible a accesibilidade e usos cidadáns nos novos espazos e a obtención de recursos establecida para o financiamento do Porto Exterior e para o traslado e reposición da Terminal de Mercadorías de San Diego, así como a compatibilidade coas actividades portuarias que permanezan.

O ámbito de estudo conlevará toda a fachada marítima do Porto da coruña, desde o dique Barrié de la Maza ata a dársena de Oza, incluíndo as zonas do peirao de Batería e Calvo Sotelo e a zona do peirao de San Diego, peirao petroleiro e Terminal ferroviaria de Mercadorías de San Diego, pertencente a ADIF, para ter unha visión integral e unha coherencia conxunta na definición de todo o espazo en termos de usos, mobilidade, accesibilidade, explotación portuaria, etcétera.

Formulario

Aviso privacidad formulario

A información facilitada utilizarase para xestionar as opinións e suxestións recibidas. Podes acceder, rectificar e suprimir os datos, así como exercer outros dereitos, tal e como se exprica na información adicional dispoñible na Política de Privacidade.